O Conto do trasno e moi antiguo contábano os vellos, que cando o demo andaba solto, estaban na cociña e sentian remexer nas tazas nos louceiros, como si se romperan, miraban e non habia nada outras veces estaban no cuarto na cama e no baixo estaba a bodega, sentian salir o viño e decian, saleulle o corcho as cubas iban a mirar e non habia nada, e o mais bonito e que cando o tio Lourenzo viña do fiadeiro atopou un cordeiriño e dixo está cerca a festa que ben o bou a pasar,colleuno o lombo elebouno pa casa pensando no dia da festa cando chegou a casa e iba a meter o cordeiro na corte este desapareceu e oia berrar desta maneira ju ju ru ju a Lourenzo Ameijeiras mexeille no cu.

No hay comentarios:
Publicar un comentario