En Laxas de Boborás, temos uha romería moi popular. A festa de S. Pantaleón, o dia 27 de xullo.
Por ser un santo que lle atribuen tantos milagros, atrae a numerosos devotos xa dende os primeiros días da súa novena na busca das súas curacións milagrosas. Hoxe en día existen testigos vivintes que ó ser desauciados polos médicos en Estados Unidos, foron curados de cáncer por S. Pantaleón.
Este santo tiña a carreira de menciña, e na súa vida xa se lle atribúen moitas curacións milagrosas.
O día da súa romería, despois da misa solemne, os romeiros séntanse no campo debaixo dos seus carballos, a degustar uns bos platos de polbo cun bo viño do Ribeiro, mentras soa a música; e remata a festa a altas horas da madrugada coas suas boas orquestras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario