O Conto do trasno e moi antiguo contábano os vellos, que cando o demo andaba solto, estaban na cociña e sentian remexer nas tazas nos louceiros, como si se romperan, miraban e non habia nada outras veces estaban no cuarto na cama e no baixo estaba a bodega, sentian salir o viño e decian, saleulle o corcho as cubas iban a mirar e non habia nada, e o mais bonito e que cando o tio Lourenzo viña do fiadeiro atopou un cordeiriño e dixo está cerca a festa que ben o bou a pasar,colleuno o lombo elebouno pa casa pensando no dia da festa cando chegou a casa e iba a meter o cordeiro na corte este desapareceu e oia berrar desta maneira ju ju ru ju a Lourenzo Ameijeiras mexeille no cu.
lunes, 22 de octubre de 2012
A Casa da Gafa
En Laxas existe un monte lonxe do pobo que lle chaman Regos, onde hai un penedo moi grande que cando eu era pequena tiña moito medo a pasar por alí.
Tiña un oco debaixo moi grande, onde me decía a miña nai que vivía a Gafa. Para min a Gafa era algo malo, pero en realidade Gafa era unha muller que tiña a lepra. Contaba o meu avó que cando era rapaz ía ca súa nai levarlle a comida, pois cada día leváballa un veciño, e dende lonxe berrábanlle: -¡Gafa vén pola comida!-, e a muller tiña que vir tocando unha canpaniña, pois cando salía do seu sitio tiña que vir tocando.
Cerca do penedo teño eu un monte onde hai un manantial de agua e decíame a miña nai que era a fonte da Gafa.
Hoxe o penedo está abandoado, pero é digno de ver pola historia que ten, pois aínda se ven as marcas onde tiña a porta, e o sitio dentro onde poñía as tazas do caldo.

A Romaría do San Pantaleón
En Laxas de Boborás, temos uha romería moi popular. A festa de S. Pantaleón, o dia 27 de xullo.
Por ser un santo que lle atribuen tantos milagros, atrae a numerosos devotos xa dende os primeiros días da súa novena na busca das súas curacións milagrosas. Hoxe en día existen testigos vivintes que ó ser desauciados polos médicos en Estados Unidos, foron curados de cáncer por S. Pantaleón.
Este santo tiña a carreira de menciña, e na súa vida xa se lle atribúen moitas curacións milagrosas.
O día da súa romería, despois da misa solemne, os romeiros séntanse no campo debaixo dos seus carballos, a degustar uns bos platos de polbo cun bo viño do Ribeiro, mentras soa a música; e remata a festa a altas horas da madrugada coas suas boas orquestras.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)